martes, 13 de octubre de 2009

Semana contra la Pobreza



A Coordinadora Galega de ONGs, esta a organizar en diferentes puntos de Galicia, a semana de loita contra a pobreza, que terá lugar do 13 ao 18 de outubro, na que se convoca a xente a que se mobilice para esixir aos gobernos que actúen xa e non fagan pagar a crise os que máis sofren.

En LUGO, coa colaboración do Consello de Asociacións terá lugar:

- Unha mesa informativa con reparto de materiais e acto simbólico coas urnas para o voto polo Pacto Galego contra a Pobreza, que se celebrará na Praza Maior, dende o mércores ata o venres. Tamén se poderá votar no local de A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº 12, baixo), no horario de 9:30-14:00horas, e de 17:00 a 20:00 horas. Agardamos o teu voto polo Pacto Galego contra a Pobreza!!!

- Conferencia de Hugo Torres, actualmente deputado do Movimiento Renovador Sandinista, que nos contará dende a súa experiencia, a situación de Nicaragua e cál é a realidade do compromiso cos Obxectivos do Milenium en Nicaragua.

Tamén aproveitamos para animarvos a participar na manifestación que será o sábado 17 de outubro, ás 12:00 horas, en Vigo, e que pechará os actos da Semana Galega Contra a Pobreza. Máis información aquí.

No hay comentarios: